Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de marzo de 2018 | Leída 18 veces
8 DE MARZO – DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Declaración do Grupo Municipal do Partido Popular da Laracha

Dereitos civís e igualdade laboral son os valores que celebramos neste día 8 de marzo que conmemora a loita iniciada hai máis de cen anos polas mulleres traballadoras que reclamaban un trato salarial xusto e unhas condicións laborais equiparables ás dos homes.

 

Desde entón, e a pesar das dificultades, as mulleres foron alcanzando logros fundamentais en aspectos políticos, laborais e educativos (tamén un día 8 de marzo de 1910 se abriu en España o ensino superior ás mulleres), se ben aínda quedan retos por alcanzar.

 

No ámbito político e institucional, o Partido Popular caracterizouse tradicionalmente pola relevancia dos cargos políticos ocupados por mulleres, desde o Goberno central ó Parlamento, no ámbito autonómico o no local (a metade dos cabezas de lista do PP nas capitais de provincia son mulleres). Tamén no Partido Popular da Laracha as mulleres teñen un papel fundamental e ocupan cargos de relevancia. Esta trascendencia foi alcanzada grazas á súa valía persoal e profesional, sen necesidade de acudir a elementos diferenciadores.

 

No Partido Popular estamos convencidos de que a igualdade efectiva entre homes e mulleres se alcanza co fomento da educación e do emprego sobre a base dunhas políticas públicas e un marco normativo que as garantan. Grazas a estas políticas, España reduciu nos últimos anos a brecha salarial entre homes e mulleres. Agora hai máis mulleres que nunca traballando en España, o 55% dos estudantes universitarios son mulleres e alcanzouse por primeira vez un gran Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero no que se logrou implicar á maioría das forzas políticas e a todas as administracións autonómicas.

 

Sobre estas liñas de actuación, o Partido Popular segue apostando por políticas que promoven a redución da brecha salarial e a eliminación das barreiras que limitan o ascenso profesional das mulleres, o fomento da empregabilidade como elemento favorecedor da independencia económica da muller e a loita contra a violencia exercida sobre as mulleres sexa esta do tipo que sexa, endurecendo as penas de aqueles que atentan contra a integridade física e sexual das mulleres.

 

No Partido Popular da Laracha á fronte do goberno local continuamos impulsando programas que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral cos servizos de aula lúdica e Madrugadores.

 

Neste 8 de marzo de conmemoración do Día Internacional da Muller, o Partido Popular da Laracha reitera o seu compromiso con todas as mulleres co convencemento de que unidos poderemos alcanzar o obxectivo dunha sociedade cunha maior igualdade, máis xusta e máis digna.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress