Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de marzo de 2018 | Leída 21 veces

O presidente da Xunta reúnese cunha delegación de empresas chinesas que visita Galicia para coñecer o sector agroalimentario galego

Trátase de dous dos principais distribuidores de alimentación no mercado chinés, Cofco, a terceira industria agrícola máis grande do mundo, e JDCOM, a segunda plataforma de comercio electrónico en China; xunto coas compañías Beijing Shunxin e Juxian. Esta visita a Galicia prodúcese menos dun ano despois de que o presidente da Xunta encabezase unha misión comercial ao país asiático en xuño...

[Img #44871]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, reuniuse onte co conselleiro Económico e Comercial da Embaixada de China en España, Wang Yingqi, e cunha delegación de empresas procedentes dese país que visitan Galicia para coñecer o sector agroalimentario galego.

 

Trátase de dous dos principais distribuidores de alimentación no mercado chinés, como Cofco, a terceira industria agrícola máis grande do mundo, e JDCOM, a segunda plataforma de comercio electrónico en China; xunto coas compañías Beijing Shunxin e Juxian.

 

Tal e como lembrou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ao finalizar a xuntanza, esta visita a Galicia prodúcese despois de que o presidente da Xunta encabezara unha misión comercial ao país asiático en xuño do ano pasado, onde tivo ocasión de coñecer dúas destas empresas. Polo tanto, engadiu, a presenza aquí desta delegación chinesa supón “unha forma de consolidar e impulsar as relacións comerciais entre Galicia e China”.

 

Conde precisou que durante a súa estancia na Comunidade a delegación chinesa estará acompañada polo Igape e polo Clúster Alimentario de Galicia, tamén presente na reunión. E concretou que van visitar un total de 13 empresas galegas vinculadas ao sector cárnico, lácteo, vitivinícola, e ao sector do aceite.

 

Para Galicia, engadiu Conde, significa unha oportunidade de presentar a calidade dos nosos produtos, que é o que veñen buscando estas empresas, dixo. “Produtos de calidade que teñen un elemento diferenciador no mercado chinés para, a partir de aí, poder seguir incrementando o peso das nosas exportacións”.

 

Nese sentido, apuntou que no ano 2017 se incrementaron un 10% as exportacións de produtos agroalimentarios galegos a China. E, polo tanto, recoñeceu que esta visita supón “un paso moi importante” para seguir consolidando e fortalecendo as relacións comerciais co país asiático. “Galicia segue a ter como obxectivo principal as exportacións e está centrando as súas actuacións nos mercados internacionais. E China é unha das principais prioridades toda vez que o presidente fixo unha visita oficial a ese país”, abundou.

 

Conde concluíu avanzando que unha delegación de empresas galegas estará presente na International Import Expo Road Show, unha feira multisectorial que se celebrará en Shanghai do 5 ao 10 de novembro.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress