Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de marzo de 2018 | Leída 21 veces

A Xunta prepara co sector a campaña ‘Quere o teu mercado’ que, baixo o lema Preto do teu corazón, se celebrará do 14 ao 27 de maio

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, mantivo onte pola mañá en Santiago de Compostela un encontro cos concellos con mercados, representantes da Federación de Comercio e das asociacións de praceiros e praceiras. Durante os días da campaña, os mercados participantes ofrecerán actividades co obxectivo de visualizar estes espazos, promovelos e activalos...

[Img #44870]

 

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, mantivo onte en Santiago de Compostela un encontro con representantes dos concellos galegos con mercados ou prazas de abastos, da Federación galega de comercio e de asociacións e federacións de praceiros e praceiras de Galicia para comezar a preparar a campaña Quere o teu mercado 2018 que, baixo o lema preto do teu corazón, se celebrará entre o 14 e o 27 de maio.

 

Tal e como explicou a directora xeral, durante eses días, os mercados organizarán diferentes actividades para visualizar estes espazos, promovelos e activalos, incentivando, á vez, a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio. En concreto, o día do mercado celebrarase o domingo 27 de maio con actividades en todos os mercados que se sumen a esta iniciativa.

 

Quere o teu mercado é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados con orixe no Reino Unido e que promove en todo o mundo a World Union of Wholesale Markets,que este ano contará coa participación de 3000 mercados de 18 países, entre os que destacan, ademais de España e o Reino Unido, Francia, Grecia, Alemaña, Italia, A China, Estados Unidos ou Brasil.

 

Sol Vázquez animou a todos os asistentes a sumarse a esta campaña que o ano pasado contou coa participación de 95 mercados galegos e máis de 3.000 praceiros e praceiras e que busca dinamizar estes espazos achegándose á cidadanía para potenciar a compra do produto local, ademais de poñer en valor o bo facer dos nosos profesionais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress