Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de marzo de 2018 | Leída 50 veces

35 Persoas aspiran ás tres prazas de auxiliares de Policía Local

A primeira proba da oposición realizarase o 5 de abril no campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco. O contratos terán unha duración de seis meses. A plantilla xa estará reforzada durante a primavera...

Unha vez rematado o prazo para inscribirse no procedemento de selección de tres auxiliares de Policía Local convocado polo Concello da Laracha, a listaxe provisional de aspirantes –que se publicará, previsiblemente mañá, na web municipal- ascende a trinta e cinco persoas.

 

Nos próximos días anunciarase a data e lugar para a realización da primeiro exercicio da fase de oposición, consistente na comprobación da estatura e das aptitudes físicas. Aqueles aspirantes que superen a proba serán convocados para a realización do test de avaliación do dominio da materia teórica sinalada nas bases do procedemento. A continuación levarase a cabo o exame específico sobre o coñecemento do termo municipal e a toponimia local. Por último, habería unha cuarta proba relativa ao dominio da lingua galega para os aspirantes que non puidesen acreditalo documentalmente.

 

O tribunal deste procedemento de contratación de persoal estará formado por técnicos municipais e axentes da Policía Local.

 

O Concello da Laracha reforzará a plantilla de persoal para prestar colaboración aos labores da Policía Local e demais Forzas e Corpos de Seguridade, así como a custodia e vixilancia de bens, servizos e instalacións municipais. Os auxiliares de Policía Local desenvolverán xa as súas funcións durante a primavera e antes do inicio da campaña de verán, época do ano que polas súas características (temporada de praias, festas e celebracións patronais, etc.) implica unha maior actividade e necesidade de control e apoio por parte dos servizos municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress