Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de marzo de 2018 | Leída 41 veces

Continúa a execución das obras de humanización da praza Eduardo Vila Fano de Caión

Estase a renovar o pavimento, mellorarase a iluminación e reordenaranse os espazos nunha superficie superior aos dous mil metros cadrados. A actuación afecta a toda a superficie da praza e tamén á súa primeira travesía, que dá acceso á Ribeira. O proxecto está valorado en 160.000 euros...

[Img #44862]

 

As obras previstas no proxecto de humanización da céntrica praza Eduardo Vila Fano de Caión continúan avanzando cumpríndose os prazos programados. O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Rocío López comprobaron onte, in situ, como o novo pavimento está xa colocado nunha alta porcentaxe da superficie dos máis de dous mil metros cadrados que conforman o ámbito de actuación, incluíndo toda a praza e a súa primeira travesía que a comunica directamente coa praza de A Ribeira.

 

As obras completarase coa adecuación do sector situado entre a entrada desde a Avenida da Laracha ata a baixada cara o porto. Do mesmo xeito que durante a execución do resto das actuacións, farase respectando o plan específico de tráfico consensuado entre a dirección de obra e a Policía Local da Laracha para garantir que as comunicacións rodadas sexan fluídas coas zonas do paseo marítimo, o porto e A Ínsua e, deste xeito, minorar as molestias que as obras poidan provocar á veciñanza nun punto tan céntrico da vila.

 

O Concello da Laracha deseñou este proxecto con dous obxectivos prioritarios, diferentes pero complementarios. Por unha banda, mellorar o pavimento instalando un novo de pedra para adecualo á importancia do lugar no que Caión recibe aos seus veciños e visitantes, ademais de albergar edificios históricos como a Igrexa parroquial da Nosa Señora do Socorro e o pazo dos Condes de Graxal. Por outro lado, reordenar os espazos para optimizar o seu uso, facendo a praza máis cómoda tanto para a circulación dos vehículos como para o tránsito peonil e, tamén, máis atraínte para os establecementos comerciais, xa que tamén se mellorarán a sinalización e a iluminación pública.

 

O proxecto está valorado en 160.000 euros e é cofinanciado entre o Concello da Laracha e a Deputación Provincial da Coruña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress