Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de marzo de 2018 | Leída 35 veces

Feijóo salienta o bo momento do naval galego cunha carga de traballo que supera os 3.000 millóns

Precisa que en 2017, “o mellor ano da década para a industria naval”, se pecharon contratos por valor de 470 millóns. Lembra que, acompañado pola Xunta, este sector conta desde o pasado ano co primeiro plan de formación específico deseñado para a industria galega. Precisa que Navantia Fene afronta o maior pedido no ámbito da eólica mariña: 42 jackets con destino ao maior parque eólico mariño que está desenvolvendo Iberdrola a nivel internacional...

[Img #44861]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte o bo momento que atravesa o naval galego cunha carga de traballo en carteira ou en estadios finais de negociación no conxunto de empresas do sector que supera os 3.000 millóns de euros. Así mesmo, precisou que en 2017, “o mellor ano da década para a industria naval”, se pecharon contratos por valor de 470 millóns, o que supón o 57% do valor de todos os contratos firmados en España.

 

Durante o acto de entrega das jackets do parque East Anglia One, construídas no estaleiro de Navantia en Fene, Feijóo afirmou que estas cifras poñen de manifesto a capacidade de resposta desta industria en Galicia e a súa diversificación cara a novos segmentos, como a eólica mariña.

 

Así mesmo, resaltou que a boa marcha do naval en Galicia está a esixir un esforzo extra en cursos de formación; “é por iso que este ano desde a Xunta estamos a financiar un total de 63 cursos de formación que beneficiarán a 1.000 traballadores desta industria”, precisou, lembrando que este sector conta desde o pasado ano co primeiro plan de formación específico deseñado para a industria galega, dotado con 12 millóns de euros e dirixido a 3.000 profesionais do naval.

 

O sector galego, un referente no campo da eólica mariña

“O naval galego camiña cara ao novo modelo de industria dixitalizada e a Xunta quere estar aí”, aseverou, ao que destacou os preto de 40 millóns mobilizados en apoios para estimular a innovación no naval, a través, por exemplo, de catro unidades mixtas que están a desenvolver novos proxectos que fagan realidade o Estaleiro 4.0, como o desenvolvemento –grazas ao traballo de Navantia e a Universidade de A Coruña- dun novo dron deseñado para a inspección de tanques de buques.


No tocante á entrega das novas jackets, o presidente do Goberno galego incidiu en que a diversificación cara o novo mercado da eólica mariña supuxo unha alternativa que, neste momento, está reportando ao sector moi boas noticias. Non en van, despois do primeiro contrato -hai pouco máis de tres anos- para Iberdrola de 29 jackets para o seu parque eólico Wikinger, chegou outro para a norueguesa Statoil, un terceiro para Siemens e un cuarto pedido que, novamente, facía Iberdrola.

 

Aposta pola enerxía verde, aprobación das Directrices Enerxéticas de Galicia

Sobre este último proxecto, precisou que é o maior pedido que afronta Galicia na súa historia no ámbito da eólica off-shore. Un pedido con destino ao maior parque eólico mariño que está desenvolvendo Iberdrola a nivel internacional en augas do Reino Unido, o East Anglia One: 42 jackets, das cales hoxe se entregan as 4 primeiras; cuxa construción ten un custo aproximado de 150 millóns de euros; que suporán máis dun millón de horas de traballo e que está a xerar aproximadamente 900 empregos de media. “Que Navantia Fene e, con ela, o sector galego, sexa hoxe un referente no campo da eólica mariña vén ser a proba de que, con máis innovación e apostando pola diversificación, os estaleiros galegos poden ter acceso a un horizonte de maiores oportunidades e a un mercado que abarca un maior número de países”, abundou.

 

Logo de salientar que Navantia Fene supón o 16% do PIB industrial da provincia da Coruña e o 24% do emprego industrial, Feijóo concluíu subliñando que con este proxecto se contribúe desde a industria a facer unha industria verde. “E esa é a liña que queremos seguir”, afirmou, avanzando que o próximo xoves, o Consello da Xunta aprobará as Directrices Enerxéticas de Galicia. Un documento que fará fincapé na cultura do aforro e a eficiencia enerxética para diminuír o consumo arredor dun 4% con aforros superiores aos 150 millóns de euros ao ano; e para que, en definitiva, en Galicia se poida falar de economía verde.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress