Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de marzo de 2018 | Leída 47 veces

A Xornada LIDERA “Avanzando en Igualdade” aborda en Santiago este mércores distintos relatorios para pór en relevo a importancia do liderado das mulleres

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella indicou que o Goberno galego organiza a Xornada LIDERA Muller e Liderado “Avanzando en Igualdade”. A xornada terá lugar este mércores 7 de marzo na Cidade da Cultura e se desenvolverá dende as 9 horas ata as 13 horas...

[Img #44859]A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella presentou onte pola mañá en rolda de prensa o acto institucional da Xunta no Día Internacional da Muller, que un ano máis, leva a cabo a Xornada LIDERA Muller e Liderado “Avanzando en Igualdade”, que terá lugar este mércores 7 de marzo no auditorio do edificio CINC da Cidade da Cultura e se desenvolverá dende as 9 horas ata as 13 horas.

 

A Xunta considera fundamental desenvolver iniciativas orientadas a pór de relevo a importancia do liderado e o empoderamento das mulleres. O foro que aborda a temática ‘Muller e Liderado”, contará con distintos perfís, especialmente mulleres directivas, mulleres emprendedoras, mulleres do eido académico, e con persoas expertas na materia que constitúen exemplos de boas prácticas no ámbito da promoción da igualdade.

 

Polo que o obxectivo que pretende esta xornada é crear un encontro con distintos espazos de aprendizaxe e intercambio nos que se poida analizar o liderado feminino e dar resposta as necesidades derivadas das condicións específicas do mercado actual respecto do autoliderado e do liderado de equipos, que promova novos referentes e inspire novas prácticas neste eido, contribuíndo ao empoderamento e mellora do desenvolvemento persoal e profesional das mulleres así como das entidades, tanto públicas como privadas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress