Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de marzo de 2018 | Leída 37 veces
arteixo

"Son galego, son cubano" de Roi Casal no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo

O vindeiro venres 9 de marzo ás 20:30 h, terá lugar a actuación de "Son galego, son cubano" da man de Roi Casal, no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo...

[Img #44850]

 

Nado en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego que  entrou a formar parte de "Milladoiro", a formación máis internacional da música galega no ano 2000. Tras case unha década no grupo, decide comezar a súa carreira en solitario no ano 2009 coa publicación de "Lendas douradas", disco que acadou a categoría do máis vendido en Galicia nese mesmo ano.

 

Dous anos máis tarde, publica "Maxicamente vello", disco co que realiza unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado español e recibe numerosos recoñecementos, entre os que destaca o "Premio Internacional Cubadisco" en 2014 e o "Premio Bo e Xeneroso" por parte da Fundación Eduardo Pondal, no mesmo ano.

 

O seu estilo combinado cos aportes do seu lugar orixinario, sitúan a Roi Casal como unha das referencias da música galega actual máis alá das nosas fronteiras.

 

A obra irá dirixida a todos os públicos, cun custo de entrada de 6 € para todo o público e de 4,50 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.

 

Con este concerto, o Concello de Arteixo quere render unha homenaxe moi especial ao "poeta-loitador" cubano de orixe arteixá, Manuel Álvarez Fuentes.

 

Sinopse: Son galego, son cubano é o gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ambos os dous países.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress