Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de marzo de 2018 | Leída 57 veces

Día da Muller

Os actos do Día da Muller en Arteixo, que este ano teñen como protagonista especial a Maribel Otero, que foi elexida polo concello como Muller de Arteixo 2018, que figura como unha pioneira do deporte posto que a finais dos anos sesenta foi campiona de España de hockey durante os seus anos no equipo do Santa Lucía (1968-1970)…

[Img #44849]A súa historia vai unida a  do clube Santa Lucía da Coruña, que acadou un título estatal na modalidade de hockey sala. O hóckey herba tivera os seus inicios na Coruña nos anos 30 grazas a un grupo de mozas capitaneado por Maruca Allones, que tiveran o empuxe e o apoio suficientes para formar en 1933 o primeiro equipo feminino da cidade coruñesa: o Ártabro Hóckey Club.

 

A Guerra Civil acabaría coa aquela efervescencia do deporte do stick e non sería ata os anos 50 cando voltaría a rexurdir con forza grazas ao Saeta, un cadro herculino que tamén conseguiría títulos a nivel estatal en herba e sala, as dúas modalidades do hóckey. E xa nos 60 sería o Centro Cultural Deportivo Santa Lucía a entidade que mantivo en auxe esta disciplina, que precisamente sería o equipo ao que chegaría Maribel Otero e se convertiría en campìona de España a finais dos sesenta.

 

O Santa Lucía convertiríase, ata a irrupción nos anos 80 do Liceo, na primeira entidade deportiva da cidade da Coruña ao proclamarse campión de España de hóckey sala ata en cinco ocasións, éxitos acadados nas tempadas 1966/67; 67/68; 68/69; 70/71 e 71/72, ademais de ser subcampión na campaña 1969/70. Na foto adxunta Maribel é a primeira pola deretita da fila inferior.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress