Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de marzo de 2018 | Leída 35 veces

A Asociación Íntegro tratou a prevención da lesión medular no IES Agra de Leborís

Hoxe participou o alumnado de 1º de bacharelato. O venres haberá outra sesión informativa dirixida a alumnos de 2º de bacharelato...

[Img #44845]Onte celebrouse a primeira das dúas sesións informativas sobre prevención das lesións medulares que está a impartir a asociación bergantiñana Íntegro no IES Agra de Leborís da Laracha.

 

Todo o alumnado de 1º de bacharelato participou nesta iniciativa, que consistiu na proxección do vídeo A ti tamén che pode pasar (producido pola propia entidade) combinada coas testemuñas de tres persoas afectadas por lesións medulares: Adolfo López Baña (presidente de Íntegro), David Pombo (directivo) e Teresa Fuentes (voluntaria). A sesión complementouse cos consellos explicados pola educadora social Tania Bartucca.

 

O Concello da Laracha impulsa, xunto á asociación Íntegro, esta campaña co obxectivo de que os asistentes se conciencien sobre a importancia de evitar prácticas de risco e extremar as medidas de prevención, xa que as lesións medulares se están a incrementar nos últimos anos e gran parte delas son producidas no ámbito doméstico ou laboral debido, por exemplo, a faltas de atención, excesos de confianza ou caídas fortuítas.

 

O venres realizarase outra sesión de similares características, na que participará o alumnado de 2º de bacharelato, tamén en horario lectivo

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress