Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 3 de marzo de 2018 | Leída 13 veces

Feijóo pon en valor o proxecto ‘Digitalizadas’ para mellorar a alfabetización dixital das mulleres rurais e destaca o seu peso demográfico, económico e social

Reclama a posta en marcha en España dun programa para a inclusión dixital de persoas de máis de 55 anos. Insta á sociedade civil, ás empresas e ás institucións a comprometerse para que a fenda dixital desapareza dentro duns anos...

[Img #44825]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, puxo en valor o proxecto Digitalizadas, unha iniciativa cuxo obxectivo é mellorar a alfabetización dixital das mulleres rurais. Neste sentido, destacou o peso demográfico, social e económico das mulleres que viven no rural galego, pois preto da metade das explotacións agrícolas son titularidade de mulleres.

 

Ao fío disto, instou á sociedade civil, ás empresas e ás institucións a comprometerse para que a brecha dixital desapareza dentro duns anos. E é que, aseverou, entre todos se pode converter a tecnoloxía nun instrumento máis na busca da igualdade. “Igualdade territorial, igualdade xeracional, igualdade de xénero; en definitiva, igualdade de oportunidades”, subliñou o titular do Goberno galego na presentación do proxecto Digitalizadas.

 

En concreto, este proxecto súmase ao traballo que levan anos realizando as aulas CeMIT, desenvolvidas entre a Xunta e os municipios galegos. Desde a súa creación en 2011 –recordou– estes centros acolleron máis de 70.000 usuarias e usuarios para formalos tanto no modo de emprego básico da Internet como nas disciplinas máis avanzadas. “A extensión das infraestruturas tecnolóxicas debe complementarse cunha boa formación dixital”, afirmou.

 

Tamén reclamou a posta en marcha en toda España dun programa para a inclusión dixital de persoas de máis de 55 anos. “Nun tempo no que se fala moito de envellecemento activo, debemos avogar por que os nosos maiores sexan activos tamén en Internet”, defendeu.

 

Vertebración e cohesión territorial

A continuación, asegurou que reducir as diferenzas en infraestruturas de telecomunicacións entre a Galicia urbana e a Galicia rural foi e continúa a ser unha prioridade para a Xunta. “O que está en xogo é a vertebración e cohesión territorial da sociedade galega do século XXI”, remarcou.

 

Acto seguido, lembrou que soamente o 72% de Galicia tiña cobertura de Internet en 2009, mentres que hoxe é o 98%. Así mesmo, sinalou que ese mesmo ano tiña contratada Internet o 41,8% dos fogares, mentres que na actualidade o 78,8%. Nove anos despois –engadiu–, o reto é incrementar a calidade das conexións á Internet.

 

A este respecto, sinalou que un investimento de 35 millóns de euros , entre a Xunta e o Goberno central, permitirá garantir un acceso á Internet de calidade a 260.000 galegos e aos núcleos de poboación de menos de 150 habitantes.

 

Para concluír, recordou que a semana pasada os presidentes de catro comunidades autónomas –Galicia, Aragón, Castela e León e Asturias– acordaron que a necesidade de garantir uns mínimos de cobertura de Internet en todas as autonomías debe ocupar un lugar preferente.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress