Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 3 de marzo de 2018 | Leída 44 veces

A asociación íntegro impartirá sesións informativas sobre prevención da lesión medular no IES Agra de Leborís

O luns e o venres da próxima semana. Van dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato...

O IES Agra de Leborís da Laracha acollerá a próxima semana sendas sesións informativas sobre prevención da lesión medular que impartirá o luns e o venres a bergantiñana asociación Íntegro nas propias instalacións do centro de ensino.

 

O Concello da Laracha impulsa esta iniciativa na que participará, en horario lectivo, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato. O obxectivo é que os asistentes se conciencien sobre a importancia de evitar prácticas de risco e extremar as medidas de prevención, xa que as lesións medulares se están a incrementar nos últimos anos e gran parte delas son producidas no ámbito doméstico ou laboral debido, por exemplo, a faltas de atención, excesos de confianza ou caídas fortuítas.

 

Ademais da proxección do vídeo A ti también te puede pasar –producido pola asociación Íntegro- e das propias charlas informativas a cargo de expertos na materia, durante as sesións haberá tempo para que os presentes poidan formular e resolver as súas dúbidas ao respecto.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress