Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de marzo de 2018 | Leída 36 veces

A economía galega medrou un 3,1% en 2017 e iguala o seu mellor resultado dos últimos dez anos

O bo comportamento do PIB galego débese ao crecemento de todos os sectores, o incremento do gasto en consumo final e a evolución positiva das exportacións. Destaca a boa evolución da construción, os servizos e a industria manufactureira. O crecemento económico trasladouse ao emprego, que permitiu crear case 18.000 postos de traballo en 2017...

[Img #44820]O Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) medrou un 3,1% en 2017 e igualou o seu mellor resultado dos últimos dez anos, segundo reflicten os datos de Contabilidade Trimestral publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Estes datos ratifican que a economía galega mantivo a súa fortaleza e mellorou as previsións de crecemento da Xunta cando se aprobaron os Orzamentos para o pasado exercicio, que situaban o incremento no 2,4%.

 

Os datos do IGE mostran que o PIB de Galicia encadea xa nove trimestres consecutivos con taxas de crecemento iguais ou superiores ao 3%. As contas publicadas hoxe tamén indican que a economía galega medrou no cuarto trimestre un 0,7% respecto ao trimestre anterior. Ademais, a economía galega igualou o crecemento da economía española tanto en termos interanuais coma trimestrais, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).

 

Os datos do organismo estatístico da Xunta mostran que o bo comportamento da economía galega no ano 2017 baseouse nos resultados positivos de todos os sectores, o incremento do consumo dos fogares e das administracións, e tamén a evolución favorable un ano máis das exportacións de bens e servizos. 


Crecemento de todos os sectores e das exportacións
No ano 2017, o gasto en consumo final medrou un 1,5% –destaca o gasto en consumo final das administracións públicas, que crece un 2,1%-, e tamén tivo un forte incremento a formación bruta de capital, que medrou un 3,2%, por riba do crecemento de 2016 (0,6%).

 

Todos os sectores da economía galega continúan en positivo, tanto a construción (3,5%) coma os servizos (3,3%), cunha evolución destacada da rama de comercio, transporte e hostalería, que crece un 6,3%. Tanto o sector primario como a industria medraron un 1,7%, cun avance maior da industria manufactureira (4,2%), a máis intensiva en emprego.

 

Ademais, a Comunidade galega mantivo o seu pulo exportador ao alcanzar as exportacións de bens e servizos un crecemento do 4,8%. Galicia está a vivir o seu mellor ciclo exportador logrando que os últimos cinco anos sexan os de maiores vendas ao exterior da súa historia.

 

18.000 empregos máis a tempo completo

As contas trimestrais do Instituto Galego de Estatística confirman tamén que a recuperación económica estase a trasladar tamén ao mercado laboral. No ano 2017 o número de postos de traballo equivalentes a tempo completo medrou un 1,8%, o que supón un incremento de 17.677 postos con respecto ao ano 2016. 


Neste eido destaca o incremento do emprego no sector primario, que medra un 3,5%, e na industria (3,3%), cun incremento na industria manufactureira que foi aínda maior, do 3,4%. O resto de sectores tamén acadaron unha evolución positiva, xa que nos servizos o emprego medrou un 1,4% e na construción un 0,8%.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress