Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de marzo de 2018 | Leída 44 veces

Adxudicado o proxecto de mellora da rede viaria en seis estradas municipais

Na Xunta de Goberno Local celebrada onte. Solicitouse a participación do Concello no programa Aprol para o fomento do emprego no rural. O Concello tamén pretende acollerse á convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para cofinanciar o servizo de orientación laboral...

Na Xunta de Goberno Local celebrada onte o Concello da Laracha adxudicou a obra de mellora da rede viaria que afecta a seis estradas de titularidade municipal que alcanzan, conxuntamente, unha lonxitude total de dous quilómetros e medio.

 

A fase máis ampla do proxecto é a renovación da superficie de rodadura da estrada que comunica os núcleos de Cercido (parroquia de Erboedo) e Revirente (Soandres). Ademais, na parroquia de Montemaior serán obxecto de actuacións de similares características tres vías locais en O Sopé, unha en A Trigueira e outra en Vilariño.

 

Este proxecto está incluído no programa POS+ e suporá un investimento total superior aos 57.000 euros.

 

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local acordou presentar dúas propostas de subvención á Consellería de Economía, Emprego e Industria. Unha delas faise ao abeiro do programa Aprol (DOG número 26 do 6 de febreiro), que ten por finalidade o fomento do emprego en áreas rurais. En concreto, a pretensión do Concello da Laracha é acollerse a esta iniciativa para contratar persoal que realizaría labores valoración forestal no termo municipal como silvicultura, biomasa e limpeza de montes.

 

A outra solicitude faise de acordo á convocatoria para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral (DOG número 28 do 8 de febreiro). Neste caso o propósito é cofinanciar a prestación dese servizo no Concello da Laracha durante o ano en curso.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress