Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de marzo de 2018 | Leída 169 veces

Arteixo énchese de actividades nesta fin de semana coa Feira de Oportunidades, Feira Auto-Arteixo e a XII Edición do Concurso «de Tapas por Arteixo»

A fin de semana do 2, 3 e 4 de marzo terán lugar varios eventos de grande tradición e acollida na vila como son a Feira de Oportunidades e a Feira de Auto-Arteixo de vehículos de ocasión. Este ano coinciden co Concurso «De Tapas por Arteixo», evento gastronómico que nesta ocasión, e como xa sucedera no pasado agosto, durará dúas fins de semana. A do 2, 3 e 4, e a do 9, 10 e 11 de marzo...

[Img #44815]A Feira de Oportunidades ten varias novidades. A primeira é a súa ubicación e deseño. Terá lugar no Paseo Fluvial da vila, nos arredores do Centro Cívico, e contará con máis de 20 expositores que veñen non só de Arteixo, senón tamén de outros lugares da provincia. Ademais dos expositores de vehículos, que se situarán no Vial do Centro Cívico.

 

«Cremos que facer da Feira de Oportunidades un evento máis grande axuda a atraer a máis consumidores, e por iso cando decidimos abrila convidando directamente a outros Centros Comerciais Abertos da Coruña o que facemos é abrilo tamén a maior público», comenta Luz Ferro, Secretaria de Arteixo CCA. Con esta intención de que se achegue máis xente, a Feira de Oportunidades deste ano situou a apetura do Concurso de Tapas na mesma fin de semana que a Feira de Auto-Arteixo e a Feira de Oportunidades. «Xa que veñen pasar o día de tendas, pois temán poden vir a probar a calidade dos nosos locais de hostalaría», dixo Ferro.

 

E para que non poida dubidar ninguén de se vir ou non vir, de venres a domingo contarán con varias actividades que se desenvolverán no anfiteatro xunto ao Centro Cívico, no medio do evento. Ioga e Pequechef para os nenos e nenas, charlas sobre coidado de roupa, un showcooking, da man do Chef Manolito Bello, e ata unha pasarela canina. E os habituais sorteos económicos e de produtos dos e das expositoras.

 

Pola parte do Concurso «de Tapas por Arteixo», nesta duodécima ocasión participarán doce establcementos con doce tapas distintas; unha por local. E de novo poderase votar tanto co mapa que atoparán en cada un dos locais coma pola App «Quedamos de tapas», que cada vez ten máis usuarios.

 

Á rolda de prensa, na que a Concelleira Patricia Amado tamén presentaou as novas rutas de turismo arqueolóxico da vila, asistiron os propietarios dos locais gañadores na pasada edición do concurso de Tapas de agosto, o Arume Arpado e a Viñoteca O Refuxio, e o Alcalde da vila, Carlos Calvelo. Tanto el como a Concelleira resaltaron a importancia de promocionar o comercio local, e defenderon a alta calidade da restauración de Arteixo, animando a todo o mundo a participar nos eventos desta fin de semana. «Vir comprar, pasear e comer a Arteixo, como proposta para esta fin de semana», bromeou o alcalde.


«Nós temos que agradecerlle sempre o Concello a súa colaboración para levar a cabo estas actividades, que cremos que son frutíferas para o comercio non só dos establecementos socios do CCA, senón de toda a nosa vila», comentou Ferro na rolda de prensa.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress