Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de marzo de 2018 | Leída 94 veces

Arteixo inicia un programa de turismo científico

O concello organiza catro novas rutas para visitar lugares de interese xeolóxico e patrimonial…

A concellaría de Promoción e Desenvolvemento de Arteixo, que dirixe Patricia Amado, continúa coa realización de rutas específicas, encadradas no Turismo Científico. Unha iniciativa que comezou no ano 2016 e que neste 2018 continúa e se complementa con novas versións coma a que presentamos agora.    Tendo en conta que cada vez se viaxa con máis frecuencia tamén se descobren máis modalidades de Turismo, por exemplo o “Turismo Científico”. Unha opción para a que desde o Concello de Arteixo se está a abrir camiño.   Neste 2018 temos previsto realizar catro rutas inseridas no antedito concepto de Turismo científico. Dúas realizaranse agora na primavera e as outras dúas a principios do outono.

 

A súa temática enmárcase na Xeoloxía e na Arqueoloxía, materias que lle axudan aos viaxeiros a entender mellor o funcionamento da natureza e do medio que van visitar. Por exemplo saber que en Valvovo temos unha falla de desgarre, que na canteira de Barrañán temos o gabro á vista (cando o normal é que este mineral, de cor escura, estea nas profundidades da codia terrestre), praias fósiles en Barrañán e Sorrizo, Campo de Dobras en Campelo (pregamentos que son únicos nesta zona) ou unha furna circular na Punta da Torre.

 

Desta volta comezamos por un paseo arqueolóxico pola “Loureda Patrimonial”, paseo que será conducido polo arqueóloga Puri Soto, continuaremos en abril coa “Ruta das Furnas de Suevos” co xeólogo Xavier Barros e, xa no outono, desenvolverase unha ruta desde o Monte da Estrela en Monteagudo que discorrerá polo Camiño da Area, visitarase o Castro de Castelo en Sorrizo e rematarase no mes de novembro coa Ruta dos Ríos, Mares e Praias Antigas.

 

O que se pretende con estas rutas é poñer en valor os recursos singulares dos que dispón o Concello de Arteixo, desestacionalizar o turismo e divulgar o coñecemento científico para todos os públicos ao mesmo tempo que se goza do tempo de lecer; é outra proposta máis de turismo que non deixa indiferente a ninguén que teña curiosidade por descubrir o mundo que nos rodea.    

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress