Sábado, 28 agosto 2010

A Policía Autonómica detén ao presunto autor dun incendio forestal en Arteixo

Enviar por email

A Policía Autonómica xa ten detido a 28 persoas no que vai de ano por delitos de incendios forestais...

Funcionarios pertencentes á Xefatura Local da Coruña da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia veñen de informar da detención de M.P.M., veciño de Arteixo  como presunto autor dun incendio forestal nesta localidade.

O lume que se lle imputa orixinouse o pasado 20 de agosto, no lugar de Seixedo, parroquia de Oseiro; afectando a unha superficie aproximada de 0,26 hectáreas de monte raso. É de destacar a colaboración dos axentes de persoal do Distrito Forestal correspondente, Bombeiros de Arteixo e Bombeiros de Cambre e a rápida actuación dos servizos de emerxencia e medios de extinción de incendios que impediron que as lapas se estenderan.

O incendio foi orixinado por un escape de queima nunha finca na que estaba a levar a cabo labores de limpeza. Aínda que nesta época están prohibidas as queimas, por ser de alto risco de incendios.

O detido, unha vez oído en declaración, foi posto en liberdade coa obriga de comparecer ante a autoridade xudicial cando fose requirido, instruíndose dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de garda da Coruña.

Deste xeito, a Policía Autonómica xa ten detido a 28 persoas no que vai de ano por delitos relacionados cos incendios forestais.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS