Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de marzo de 2018 | Leída 19 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña leva ao Museo do Pobo Galego as series do 13 premio Luís Ksado

A exposición do traballo gañador e os seleccionados no 13º Premio de Creación Fotográfica Luís Kasado da Deputación da Coruña inaugúrase hoxe xoves 1 de marzo ás 18:00, no Museo do Pobo Galego. Na inauguración estará presente a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, xunto co presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi…

[Img #44805]A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, sinalou a satisfacción de que “a mostra do Ksado se inaugure en Compostela, na sala de exposicións do Museo do Pobo Galego, tan acaída para esta exposición en que se mesturan a imaxe contemporánea e a tradición do entroido que retrata a serie gañadora”.

 

Goretti Sanmartín destacou a relevancia do premio Ksado á hora de animar a creación fotográfica e destacou o interese da área que dirixe non só en apoiar a produción cultural senón tamén en difundir as obras das distintas convocatorias, por medio de iniciativas como esta exposición. O Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela -cidade moi vinculada a Ksado- inicia así a itinerancia dunha mostra que percorrerá posteriormente distintos concellos da Coruña.

 

O Premio Ksado e algo máis que un premio de fotografía: É unha aposta pola fotografía máis próxima, polo documentalismo, polo foto-xornalismo,... é unha cita onde se xuntan fotógrafos e amantes da imaxe arredor dos obradoiros de fotografía convocados, premiando unha serie de fotografías que nos contan unha historia e que amosa a capacidade narrativa e comunicativa da linguaxe fotográfica.

 

A colección de fotografías premiadas, “Mascaritas. Entroido solitario” son da autoría de Xoán Crespo, quen aporta unha mirada singular do mundo do Entroido galego. Unha festa moi retratada como tradición colectiva e social, Laza, Verín, Xinzo, Xerais…

 

Pola súa parte, “Entre caladas” de Manuel Touza, lévanos polo mundo suxestivo das sombras e o branco e negro e, Manuel Valcárcel, descríbenos a dureza do transporte do xeo no sueste asiático coa serie “Ice guy”. Así mesmo, con “A persistencia do deserto” queda perfectamente narrada na recompilación de imaxes de Fuco Reyes. A obra “Paradiso” é unha aproximación ao mundo máis inmediato de Carmen Aguado. José Manuel López aposta polo foto-xornalismo máis puro, para reflectir a violencia contra os cristiáns en Irán, na serie “Éxodo cristián de Irán”. “After the quake” é unha visión intimista do Xapón despois do terremoto, feita por Noela Roibas.

 

O premio complétase co nomeamento como Fotógrafo Histórico a Carlos Valcárcel, autor asentado en Lugo, onde desenvolveu a súa obra durante máis de 50 anos. Valcarcel retratou o rural galego cunha mirada respectuosa e de nostalxia, cara un mundo que ten máis de pasado que de presente.

 

Dentro do programa de actos creados arredor do premio, o vindeiro día 20 de marzo ás 19:00, o fotohistoriador Carlos Castelao impartirá unha conferencia sobre a figura do histórico fotógrafo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress