Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 1 de marzo de 2018 | Leída 39 veces
a laracha

O Concello convida a mozos de 8 a 17 anos de idade a asistir ao partido R.C. Deportivo – Eibar

Correspondente á 27ª xornada da Liga de Primeira División. Xogarase o sábado 3 de marzo ás 18:30 horas en Riazor. Os interesados deben reservar praza no Concello...

[Img #44804]

 

O Concello da Laracha convida a todos os veciños de idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos a asistir ao partido da 27ª xornada da Liga de Primeira División que disputarán no estadio Municipal de Riazor o Deportivo de La Coruña e o Eibar este sábado (3 de marzo) a partir das 18:30 horas.

 

Os interesados deben reservar a súa praza de xeito gratuíto achegándose ao Concello ou chamando ao teléfono 981 60 50 01. Deberán acompañar a autorización asinada polo seu pai, nai ou titor legal.

 

O Real Club Deportivo de La Coruña cedeu 50 invitacións, froito do convenio entre o club de fútbol e o Concello da Laracha.

 

O autobús partirá ás 17:30 horas desde a Praza do Concello e regresará despois do partido, en torno ás 21:30 horas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress