Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 28 de febrero de 2018 | Leída 26 veces
baloncesto

CB Laracha 71 – 62 Basquet Coruña

Victoria das nosas senior nun partido no que o traballo en equipo e a boa comunicación entre as xogadoras do Laracha foi clave...

Anotacion CB Laracha: Jessi Viña (7), Mili Rodríguez, Noelia Gerpe, Lucía Díaz (8), Rebeca Álvarez (6), Bibi Díaz (13), Paula Ríos, Raquel Vázquez (4, 1 trip.), Lucía Graña (7), Cris Baldomir, Martina Loureiro (24).

 

Parciais: 14-18, 16-17, 13-12, 28-15.

 

O partido comezaba cun Laracha frío en ataque ante un duro rival, pois as larachesas non conseguían anotar a súa primeira canasta ata pasados 2 minutos do primeiro cuarto. Pola súa parte, Básquet Coruña iniciaba o partido na súa destacada liña de tres. Sen embargo, o primeiro cuarto remataba cun escaso 14-18 a favor das visitantes.

 

Na misma liña continuou o segundo cuarto, onde un gran xogo en equipo das larachesas, con rápida circulación de balón, propiciaba canastas fáciles e liberadas. Pese a iso, os bos cortes das coruñesas conseguían colarse na defensa zonal para anotar na súa meirande parte debaixo de canasta, índose ambos equipos ao descanso por un 30-35.

 

Tras o paso polos vestiarios, ambos equipos apretaban liñas defensivas, o que daba lugar a un menor acerto durante este cuarto, sendo o mais baixo dos parciais (13-12).

 

Finalmente, pese a estar sempre por encima Básquet Coruña no marcador, as nosas larachesas conseguían darlle  volta ao marcador cun gran parcial de 28-15, con ataques rápidos tras roubos de balón, dominando tanto en rebote defensivo como ofensivo. Ademáis, o gran acerto na liña de tiros libres (14 ptos neste cuarto) a causa de atoparse en bonus, foi clave para que a victoria se quedase na casa.

 

O próximo partido será o domingo 4 ás 19:00h contra Adfro no pabellón Municipal de Laracha, esperámosvos!!.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress