Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 28 de febrero de 2018 | Leída 41 veces

O Partido Socialista de Arteixo solicita a modernización e mellora do sistema de venda de entradas do Centro Cívico e Cultural

O Partido Socialista de Arteixo, tras manter unha reunión con responsables do departamento de Cultura, solicita a modernización e mellora do sistema de venda de entradas do Centro Cívico e Cultural...

Tras a reunión mantida, e despois de comprobar que se estaba a producir unha redución nos horarios de venda das citadas entradas, o Concello informounos de que se debía á recente firma dun contrato cunha empresa privada que, segundo eles, non permite a apertura en horarios máis amplos. Neste sentido dende o Grupo Municipal solicitarán o expediente de contratación nos vindeiros dias para examinar detalladamente as condicións da externalización.

 

Dende o Partido Socialista de Arteixo solicitamos a ampliación do citado horario presencial de taquilla, incluíndo a apertura polas tardes, e a utilización dun dos sistemas de venda de entradas a través da rede existentes ou ben a creación dunha plataforma propia, se se considera máis adecuado.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress