Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 28 de febrero de 2018 | Leída 41 veces
a laracha

Novo encontro das escolas municipais de fútbol sala coa Agrupación Deportiva Un Paso Máis

Desta volta foi no municipio de Carballo despois da experiencia no Concello da Laracha hai agora tres meses. Disputáronse varios partidos amigables nos que o resultado foi o menos importante. Os obxectivos son que os nenos se divirtan practicando deporte e coñezan o labor de Un Paso Máis...

[Img #44796]

 

Despois da experiencia desenvolvida hai agora tres meses no pavillón do CEIP Otero Pedrayo, as escolas municipais de fútbol sala da Laracha e a escola de fútbol da Agrupación Deportivo Un Paso Máis –con sede no concello de Carballo- celebraron un novo encontro, desta volta no pavillón Vila de Noia. A xornada consistiu na disputa de varios encontros amigables nos que participaron nenos de entre 7 e 11 anos.

 

A iniciativa, na que unha vez máis o resultado dos partidos foi o menos importante, tivo unha dobre finalidade para os rapaces: divertirse practicando esta modalidade deportiva e manter un contacto con nenos da súa mesma idade para favorecer as relacións sociais entre eles e coñecer o importarte labor que desenvolve Un Paso Máis.

 

Tras estas excelentes experiencias o propósito e manter no futuro a colaboración entre ambas entidades e manter encontros mensuais ata final de curso.

 

Nas escolas municipais de fútbol sala da Laracha participan vinte e oito nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos. Os adestramentos son os martes e os venres de 16:00 a 17:00 horas.

 

[Img #44797]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress