Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 27 de febrero de 2018 | Leída 32 veces

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña

Hoxe activarase a alerta laranxa por neve en zonas de Lugo e Ourense. A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org...

[Img #44792]

 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará desde onte pola tarde e que afectará o litoral da provincia da Coruña.

 

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 18:00 horas, agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 4 a 6 metros no noroeste da provincia da Coruña. Desde esta mesma mañá está tamén activa a alerta amarela no litoral de Lugo e no oeste da Coruña.

 

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

Alerta laranxa por neve

Ademais, hoxe activarase tamén unha alerta laranxa por neve, a partir das 20,00 horas, en zonas de Lugo e Ourense. En concreto, afectará o sur de Lugo -e de madrugada estenderase ao centro da provincia-, o sur de Ourense e a comarca de Valdeorras. Nestas zonas, agárdase acumulación de polo menos 4 centímetros por riba dos 300 ou 400 metros.

 

Ademais, hoxe tamén haberá aviso amarelo por neve na montaña de Lugo, no noroeste e na montaña de Ourense, e no interior da Coruña.

 

Para o mércores, a acumulación de neve chegará aos 6 centímetros e espérase practicamente a calquera cota das zonas do centro e sur de Lugo, e Valdeorras e sur de Ourense. Ademais a neve afectará tamén a zonas do interior e noroeste da Coruña, Mariña e montaña de Lugo, e noroeste e montaña de Ourense que estarán en nivel amarelo con acumulacións de entre 4 e 8 centímetros, podendo nevar a nivel do mar aínda que as acumulacións espéranse por enriba dos 50-100 metros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress