Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 27 de febrero de 2018 | Leída 48 veces
natacion

Copa Galega de Natación Alevín

Este fin de semana celebrouse en Ferrol, na Piscina Gómez Noya, a Copa Galega de Natación Alevín. O Club Natación Arteixo participou con catro nadadores e catro nadadoras. Este era un campionato por equipos, e o club arteixán acadou o 18º posto…

[Img #44788]Antía, Adrián, Celia, Héctor, Lorena, Lucía, Mateo e Pablo, foron os encargados de defender ó seu club, acadando moi bo nivel de marcas, participaron nun total de doce probas individuais e cinco remudas nas que destacamos o bo nivel xeral de marcas, con varias mínimas para o Campionato Galego de verán.

 

Ademáis, a nadadora Antía Gómez Taibo acadou a mínima do Campionato de España de categoría Alevín, que se celebra en verán, na proba de 100 costas.

 

Este equipo de base do Club Natación Arteixo está a medrar e mellorar, seguro que o campionato de verán que se celebrará en Ourense no mes de xullo será moito mellor.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress