Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 27 de febrero de 2018 | Leída 45 veces

O alcalde da Laracha estrea a ruta de autobús que comunica directamente a Laracha co centro da cidade da Coruña

Realizou o percorrido xunto ao seu homólogo en Arteixo, Carlos Calvelo, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, e o deputado autonómico Aurelio Núñez. Desde onte os buses teñen paradas na Praza de Pontevedra, Entrexardíns, Praza de Ourense, Costa da Palloza e estación de autobuses. López Varela confía que esta decidida aposta polo transporte público supoña un aumento no seu número de usuarios...

[Img #44785]Desde o día de onte os autobuses do Plan de Transporte Metropolitano que cobren a ruta A Laracha-A Coruña rematan o seu traxecto no centro da cidade herculina. Trátase dunha medida impulsada pola Xunta de Galicia e os Concellos participantes no Plan que ten por finalidade mellorar o servizo e facilitar aos usuarios un transporte máis cómodo e rápido a puntos estratéxicos como a Praza de Pontevedra, Entrexardíns, Praza de Ourense, Costa da Palloza e estación de autobuses.

 

Nesta primeira xornada na que se realiza o novo percorrido, o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela –acompañado por unha ampla representación do goberno local-, xunto ao seu homólogo en Arteixo, Carlos Calvelo, o delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, e o deputado autonómico Aurelio Núñez, subíronse ao autobús para realizar a ruta e coñecer de primeira man a valoración do novo servizo por parte dos seus usuarios.

 

O alcalde da Laracha destacou que esta medida supón unha aposta decidida por potenciar o transporte público, que se suma aos importantes descontos no prezo do billete de autobús que se vén aplicando desde hai varios anos aos beneficiarios do Plan de Transporte Metropolitano da Coruña. López Varela agarda que coa chegada dos autobuses procedentes da Laracha directamente ao centro da cidade da Coruña se dea un novo impulso para animar á cidadanía a deixar o seu vehículo particular e empregar o bus interurbano, un medio de transporte máis barato, cómodo e respectuoso co medio ambiente.

 

[Img #44786]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress