Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 25 de febrero de 2018 | Leída 21 veces

Remataron as obras de construción dos vestiarios do pavillón do CEIP Otero Pedrayo da Laracha

Investíronse 54.000 euros nesta actuación, que tamén incluíu o acondicionamento dun almacén. Realizouse no espazo baixo o graderío. Coa execución deste proxecto complétanse totalmente as obras desta infraestrutura deportiva...

[Img #44765]

 

Os vestiarios do pavillón polideportivo do CEIP Otero Pedrayo da Laracha xa están operativos. O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e os edís Jesús Souto e Patricia Bello, mantiveron unha xuntanza co director do colexio e o responsable da empresa que executou o proxecto para coñecer o resultado dos traballos realizados e comprobar que os novos equipaments xa están listos para ser usados polos alumnos do centro durante o horario escolar e tamén polos participantes nas actividades extraescolares.

 

Esta actuación incluíu a creación dos dous amplos vestiarios -con entradas independentes  e co correspondente mobiliario e equipamento (duchas, lavabos e sanitarios)- e un almacen no espazo existente baixo o graderío. O Concello da Laracha investiu 54.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais.

 

O desenvolvento dos traballos traballos que se levaron a cabo nas últimas semanas non afectou en absoluto á zona da pista, polo que a infraestrutura mantivo a actividade habitual, sen ningún tipo de limitación, durante a execución dos mesmos.

 

Deste xeito, o Concello da Laracha dá por completada a construción do pavillón e de todos os seus espazos e servizos complementarios. A creación da cuberta, as gradas e a pista, a urbanización exterior, diversas melloras nos equipamentos e, por último, a construción dos vestiarios supuxo un investimento total duns 650.000 euros nesta infraestrutura deportiva emprazada no interior do centro educativo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress