Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 24 de febrero de 2018 | Leída 30 veces

Xa están operativos os novos colectores para a recollida de roupa, téxtiles e calzado

Foron instalados polo Concello nos tres cascos urbanos. O obxectivo é mellorar o servizo e implantar un novo sistema máis cómodo para a cidadanía. Non se poderán depositar nestes colectores obxectos como xoguetes...

[Img #44747]

 

Os novos colectores de recollida de roupa, téxtiles e calzado usados xa están dispoñibles nos cascos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión. O Concello da Laracha implantou estes recipientes co propósito de ofrecer á cidadanía un sistema máis próximo, cómodo e sen horarios para desprenderse dese tipo de materiais –que non poden ser depositados nos colectores de residuos xenéricos- e facilitar a súa reciclaxe

 

Para un óptimo funcionamento do servizo, o material –roupa de vestir, de cama, calzado ou calquera téxtil, quedando excluídos xoguetes e outros obxectos- que sexa depositado nos novos colectores, deberá ir introducido en bolsas de plástico pechadas.

 

Nesta primeira fase foron instalados tres colectores no casco urbano da Laracha (rúa Arxentina, Avenida Fisterra xunto ao edificio de usos administrativos e rúa Rosalía de Castro fronte ao complexo da piscina municipal da Laracha), dous Paiosaco (no campo da feira e na rúa Porta Santa, xunto ao centro sociocultural) e un en Caión (A Ínsua).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress