Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 24 de febrero de 2018 | Leída 26 veces

Os alumnos do obradoiro de emprego xa traballan no edificio de usos administrativos da Laracha

O módulo de carpintería está a executar as divisións interiores das plantas superiores e o mantemento na fachada. Nesas mesmas instalacións lévase a cabo, tamén, a fase práctica. A especialidade de xardinería centra as súas actuacións no arteixán parque de Monticaño...

[Img #44746]Os membros da especialidade de carpintería e moble do obradoiro A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego IV comezaron a realizar as actuacións previstas de mellora das instalacións do edificio de usos administrativos da Laracha, situado na Avenida Fisterra da capital municipal.

 

Estes traballos están divididos en dúas actuacións diferenciadas que se están levando a cabo de xeito simultáneo. Por unha banda realízase o mantemento da fachada, incluíndo a substitución da madeira que caracteriza a singularidade do edificio. Por outro lado, xa no interior estanse acometendo as obras referidas ás divisións interiores das plantas superiores –ata o de agora, diáfanas- para acadar un máis óptimo aproveitamento dos espazos dispoñibles.

 

Previamente levárase a cabo outra das principais actuacións programadas, consistente nos labores de limpeza e mantemento da pasarela de madeira do paseo fluvial do río Vilán, na parroquia de Cabovilaño.

 

A realización de todos estes traballos corresponde á parte práctica do obradoiro de emprego, na que os alumnos están a mostrar os coñecementos adquiridos na fase teórica que, precisamente, se realiza no propio edificio de usos administrativos que está a ser obxecto das obras.

 

Cabe lembrar que o obradoiro A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego IV está dividido en dous módulos con dez alumnos-traballadores en cada un deles, polo que son, en total, vinte as persoas que están formándose e disfrutando dun contrato laboral remunerado durante os nove meses de duración do programa. A outra especialidade é a de xardinería, que centra as súas prácticas –a teoría tamén se imparte na Laracha- integramente no parque de Monticaño, no veciño concello de Arteixo. O equipo directivo, docente e administrativo está formado por un grupo de cinco persoas: directora, mestres de cada especialidade, ensino básico e un auxiliar administrativo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress