Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 24 de febrero de 2018 | Leída 25 veces

Aprobadas as modificacións das ordenanzas que require a adhesión da Laracha a “Concellos Doing Business”

Elévase a definitiva tras superarse, sen reclamacións, o período de exposición pública. Os cambios en seis normativas municipais van dirixidos a ofrecer beneficios fiscais e simplificar os trámites administrativos ás empresas que xeren emprego. A iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia e a Fegamp, precisa a implicación das administracións locais...

O Concello da Laracha elevou a carácter definitivo a aprobación das modificacións das seis ordenanzas municipais que require a adhesión ao protocolo “Concellos Doing Business”. Faise despois de superarse o prazo de un mes de exposición pública –rematou onte- desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) o pasado 12 de xaneiro e sen terse rexistrada ningunha reclamación ao respecto. O Pleno xa aprobara inicialmente por unanimidade os cambios nas normativas

 

“Concellos Doing Business” é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) que ten por obxectivo atraer investimentos, favorecer o emprendemento e facilitar a implantación de empresas para lograr a xeración de emprego. O convenio establece un marco de colaboración coas administracións locais para implicarse de maneira directa nesta cuestión ofrecendo incentivos fiscais e simplificando os trámites administrativos a realizar, ao que no caso do Concello da Laracha se suma a dispoñibilidade de solo industrial equipado con todos os servizos.

 

Para sumarse a “Concellos Doing Business” o Concello da Laracha debía establecer as modificacións, xa aprobadas, nas ordenanzas fiscais municipais números 2, 3 e 4 para que os autónomos ou empresas de nova implantación no termo municipal que estean vinculadas aos obxectivos da Industria 4.0 ou da RIS3 (estratexia de especialización intelixente), e tamén aqueles establecementos xa existentes que sexan ampliados e iso leve consigo a creación de novos postos de traballo, non estean suxeitos ao pagamento das taxas por expedición de licencias urbanísticas, incluídas as de primeira utilización, cambios de uso e comunicación previa á apertura.

 

Ademais, os cambios do texto das ordenanzas fiscais números 15, 17 e 18 establecen agora bonificacións nos impostos sobre bens inmobles (IBI), construcións, instalacións e obras (ICIO) e actividades económicas (IAE) nos locais, naves ou edificacións nas que se desenvolvan actividades declaradas de especial interese ou utilidade municipal por incorrer circunstancias de fomento do emprego. A redución é dun mínimo do 50% para as empresas de ata dez traballadores e un máximo do 95% naquelas que se creen vinte ou máis postos de traballo.

 

Ademais de fomentar a implantación de empresas, a adhesión ao “Concellos Doing Business” tamén permitirá ao Concello da Laracha abrir novas posibilidades para captar investimentos públicos no ámbito industrial, xa que terá preferencia nese tipo de convocatorias da Xunta de Galicia que sexan en réxime de concorrencia competitiva.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress