Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 23 de febrero de 2018 | Leída 16 veces

O Goberno galego incrementa ata 2.050 prazas a oferta pública de emprego de docentes, o maior reforzo nos últimos dez anos

A Xunta seguirá traballando para que as sucesivas ofertas de emprego público favorezan a redución da interinidade na educación pública ata a contorna do 6%. Feijóo sinala que as oposicións arrancarán unha vez remate o curso escolar...

[Img #44741]O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte a aprobación no Consello da Xunta da Oferta de Emprego Público no ensino non universitario galego para 2018, que será o maior reforzo do corpo docente galego dos últimos dez anos, cun total de ata 2.050 prazas -131 máis que na proposta inicial- en 30 especialidades diferentes.

 

Trátase, explicou o titular do Executivo galego, do dobre que en 2017, cando se lanzaron 1.043 prazas, e en cinco especialidades máis. A continuación, precisou que as 2.050 prazas repartiranse do seguinte xeito: 1.050 profesores de ensino secundario, o dobre que o ano pasado; 160 profesores técnicos de FP, duplicando tamén a cifra de 2017; 30 profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, que o ano pasado non se convocaran; 705 mestres; e 105 catedráticos de Música e Artes escénicas.

 

Así mesmo, o reparto das prazas segundo o acceso será o seguinte: 1.072 de reposición; 581 de estabilización do emprego temporal; 397 de promoción interna. Por tanto, sinalou, 1.653 prazas serán de acceso libre.

 

Logo de subliñar que as oposicións arrancarán unha vez remate o curso escolar, Feijóo afirmou que o Executivo galego seguirá traballando para que as sucesivas ofertas de emprego público favorezan a redución da interinidade na educación pública ata a contorna do 6%.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress