Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 23 de febrero de 2018 | Leída 30 veces

Feijóo anima aos concellos a colaborar en proxectos turísticos que impulsen o embelecemento de Galicia, da súa paisaxe e patrimonio

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou onte aos concellos a colaborar en proxectos turísticos que impulsen o embelecemento de Galicia, da súa paisaxe e do seu patrimonio. “A protección e o embelecemento de Galicia é unha tarefa colectiva, que transcende a unha ou outra administración. Convoca a todos os representantes públicos e a todos os cidadáns”, aseverou, garantindo o compromiso da Xunta para acompañalos nese camiño...

[Img #44740]Durante a entrega de galardóns da I edición dos Premios Galicia Parabéns, Feijóo precisou deste xeito que o 40% dos recursos que se destinarán ata 2020 ao turismo irán dirixidos ao noso patrimonio e á nosa paisaxe, un recurso turístico de primeira magnitude.

 

Nesta mesma liña, salientou que a Xunta fixo nos últimos anos un grande esforzo por dotar Galicia de instrumentos normativos que permitan un desenvolvemento sustentable e racional encamiñado a preservar a riqueza natural e paisaxística, como: o Plan do litoral, as Directrices de Ordenación do Territorio, a Lei do solo ou a Guía de cores.

 

Cunha Galicia decidida a coidar a paisaxe e a protexer o seu patrimonio, resaltou que, con ese obxectivo, xurdiron os Premios Galicia Parabéns. Así, trasladou o recoñecemento aos galardoados: ao Concello de Boqueixón, polo seu esforzo na mellora do Pico Sacro, un fito clave no relato xacobeo, e o compromiso de levar a cabo novas actuacións como o reacondicionamento do centro de interpretación do Pico Sacro. E ao Concello de Portomarín, polo seu proxecto para reordenar o Parque Agustín do Río.

 

Consolidación do comportamento positivo do sector

O responsable do Executivo autonómico concluíu avaliando os últimos datos de afluencia turística, que confirman a consolidación do comportamento positivo. Non en van, despois dun 2017 histórico, no que se superaron os cinco millóns de visitantes por primeira vez, no 2018 segue nunha senda positiva: cunha suba do número de viaxeiros, un 1,4% respecto a xaneiro do pasado ano; cunha suba do volume de noites que se quedan na nosa terra, un 5,4% máis; e coa mellora da estadía medía, un 4%; e o crecemento do turismo internacional, un 9,3%.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress