Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 21 de febrero de 2018 | Leída 23 veces
Deputación da Coruña

A Deputación conmemora a Rosalía de Castro máis reivindicativa

Nun Teatro Colón colorido con ducias de globos coa imaxe de Rosalía de Castro, a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, presentou os actos conmemorativos do aniversario de nacemento da escritora. A cantante Xiana Lastra e alumnado do IES Puga Ramón participaron no acto en que se convidou a festexar a data...

[Img #44719]A Deputación da Coruña ultima os preparativos da Gala Rosalía de Castro 2018, que terá lugar este venres 23 de febreiro (20:30 horas) no teatro Colón da Coruña, nun evento en que se exhibirá a versión máis reivindicativa e moderna da escritora.

 

A Gala Rosalía, presentada esta mañá en rolda de prensa no propio Teatro Colón –que loce na súa fachada dúas grandes lonas coa “superheroína” Rosalía- , proxectará a figura, a obra e o pensamento da autora galega nun espectáculo interdisciplinar, no que recoñecidas voces da música e da poesía, lembrarán a máis ilustre e universal figura da literatura galega.

 

O evento que conmemorará o nacemento de Rosalía de Castro, estará presentado pola actriz e poeta Lorena Conde, e contará coa participación de Najla Shami, Nastasia Zürcher e Abe Rábade, Tempo Catro e Xiana Lastra (A banda da Loba) na parte musical e Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta da Costa e Rosalía Fernández Rial e Anxo Angueira na poética.

 

A vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área Cultura, Goretti Sanmartín, subliñou que Rosalía foi unha “muller moderna cun pensamento revolucionario que continúa vixente” e incidiu en que “é preciso superar os tópicos e a visión de tristura sobre Rosalía”, pois “ela foi unha muller combativa”.

 

Na compaña da artista Xiana Lastra e co alumnado do IES Rafael Puga Ramón da Coruña, Sanmartín animou a tódolos concellos e a comunidade educativa a realizar actividades durante este mes de febreiro para “transmitir o legado e a personalidade de Rosalía” e así contribuír a divulgación da súa obra.

 

“Rosalía foi unha muller vangardista e revolucionaria e, hoxe en día, estaría en contra da violencia de xénero, da diferencia salarial, dos abusos ou de calquera forma de acoso” concluíu a vicepresidenta.

 

 Pola súa parte, a cantante Xiana Lastra cualificou a iniciativa da Deputación da Coruña como “necesaria”, dado que con ela “contribúese a non esquecer a súa figura”, e ademais, “axuda a que chegue até as persoas máis novas”.

 

Neste sentido, Lastra indicou que estamos ante “un espectáculo interxeracional” que xuntará a “persoas de todas as idade e xéneros”, e que exhibirá os “elemento máis trangresores da súa obra”.

 

“Rosalía foi unha muller moderna e as súas reivindicacións no eido do feminismo seguen a estar completamente vixentes” destacou.

 

Por último, e dentro dos actos conmemorativos do nacemento de Rosalía de Castro, a Deputación da Coruña tamén organizará o vindeiro martes 27 de febreiro na Biblioteca Provincial (19:30 horas) a conferencia “A modernidade e a vixencia do discurso de Rosalía”, que correrá a cargo da escritora e sociolingüista, Pilar García Negro, unha das grandes especialistas da ilustre autora galega.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress