Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 20 de febrero de 2018 | Leída 14 veces
Deputación da Coruña

O Teatro Colón conmemora o Día das Linguas Maternas co documental "A palabra xusta"

O Teatro Colón da Coruña conmemora o Día das Linguas Maternas coa proxección do documental "A palabra xusta", un filme no que se aborda a vida de Antía Cal, mestra e pedagoga, que durante os anos 60 fundou unha das escolas con maior vangarda pedagóxica de Galiza...

A pantalla do Teatro Collón acolle este mércores 21 de febreiro ás 20:00 horas a proxección dun documental biográfico no que se narran as experiencias persoais e profesionais dunha muller singular que no ano 1961 fundou o Colexio Rosalía de Castro de Vigo. Reflexo dunha vida e dunha que obra que aínda perdura entre o seu alumnado a día de hoxe.

 

Dirixido por Miguel Piñeiro, o filme "A palabra xusta" exhibe os pensamentos, as emocións e os recordos de Antía Cal, "Tita" para o seu alumnado. Este percorrido vital avanza dende as súas orixes, a súa infancia, o espertar da súa vocación ou a súa pelexa por poder estudar, até a chegada do grande amor da súa vida, Antón Beiras, ou a fundación dunha escola que ía romper co establecido até aquel momento.

 

"A figura de Antía Cal continúa a ser un exemplo de amor pola nosa lingua e compromiso co seu uso, como o demostrou ao longo da súa vida e na súa traxectoria como mestra na que foi quen de contribuír desde as súas aulas á normalización do galego en moitas xeracións e nenos e nenas", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín Rei.

 

Especialmente recomendada para o fomento a igualdade das mulleres, a cinta achega ao público a un tempo pasado en que a unión dunha parella de progreso, a evolución científica e a liberdade, dará como froito un dos centros educativos máis vangardistas en materia pedagóxica da Galiza de hai medio século.

 

"A palabra xusta" foi o xogo inventado por Antía Cal para os seus alumnos e alumnas. Así, ao rematar as clases os nenos e as nenas do centro tiñan que escribir nun pequeno papel e da forma máis sintética o que aprenderan nese día. Se era posible cunha soa palabra. As respostas poñíanse na parede e entre todos elixirían a mellor: A palabra xusta.

 

Antía Cal naceu una Habana no ano 1923, no seo dunha familia de emigrantes orixinaria de Muras (Lugo). Aos nove anos de idade volta a Galicia e en 1945 licenciarase en Historia e Xeografía. Xa en 1947 casará co oftalmólogo Antón Beiras e durante 1954 escribirá unha enciclopedia en galego adaptada para nenos. Esta obra, pese a recibir un premio en Caracas polo seu valor, endexamais chegaría a editarse. En 1961,  xunto co seu home fundará o Colexio Rosalía de Castro de Vigo, onde baixo a inspiración do colectivo catalán Rosa Sensat, verá a luz un dos principais focos de irradiación progresista e innovadora no eido da pedagoxía. Na actualidade, con 92 lúcidos anos, Antía Cal segue a manter a súa visión rupturista e en liberdade da educación, sendo así mesmo unha das figuras fundamentais no mundo da ensinanza e do pensamento de Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress