Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 17 de febrero de 2018 | Leída 54 veces
arteixo

Exposición de fotografía no Centro Cívico Cultural de Arteixo

Dende o luns 19 de febreiro a partir das 20:30 h poderase acudir á inauguración da exposición de fotografía "Un día na rapa das bestas (do monte ó curro)" de Sindo Novoa, na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo...

[Img #44694]

 

De inicios autodidactas, o fotógrafo acadou o segundo lugar no 3º Concurso de Fotografía de Galicia Enteira, o terceiro premio no II Concurso Fotográfico "Olladas de Igualdade" e o terceiro premio no concurso de Fotografía AGACS 2017, entre outros.

 

Máis recentemente publicou no Blog Punto de Enfoque do Xornal "El País" unha fotografía desta exposición ao ser escollida para a galería das 30 mellores no concurso #MiMejorFoto.

 

A mostra, que permanecerá aberta ata o 16 de marzo, preséntanos 20 fotos que amosan intres desta festa en Sabucedo, Concello da Estrada, a cal foi declarada de interese turístico internacional.

 

Horario

De luns a venres:

  • Mañás 10:30 h a 14:00 h
  • Tardes 16:30 h a 20:00 h

 

Sábado:

  • Mañá 10:30 h a 14:00 h
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress