"/>
Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 16 de febrero de 2018 | Leída 21 veces
arteixo

"Concerto Singular" - "Eu queríame casare"

"Concerto Singular" de Píscore no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Hoxe venres 16 de febreiro ás 20:45 h, terá lugar a actuación de "Concerto singular" da man de Píscore, no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. "Eu queríame casare" de Dinamo Producións no Auditorio do Centro Sociocultural de Meicende. Hoxe venres 16 de febreiro ás 20:00 h, terá lugar a actuación de "Eu queríame casare" da man de Dinamo Producións, no auditorio do Centro Sociocultural de Meicende...

[Img #44681]

 

Creada en 2016 por Pepe Varela, Diego Rosal, Féliz Rodríguez e Pablo Cabanelas, catro músicos galegos fromados cos mellores mestres galegos e internacionais, Píscore pretende mesturar a mellor música e moito humor, ritmo e comedia xestual. Píscore é unha compañía destinada a facerse un oco a forza de orixinalidade e gargalladas.

 

A obra irá dirixida a todos os públicos, cun custo de entrada de 3 € para todo o público e de 2,25 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.

 

Sinopse: Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

 

Dinamo Producións é unha compañía teatral que dende a súa creación no ano 2006, ven creando diferentes montaxes principalmente de comedia, moi versátiles para acceder a todo tipo de espazos escénicos.

 

A obra irá dirixida a todos os públicos, sen custo de entrada e con invitación a recoller 1 hora antes da actuación no mesmo centro até completar a capacidade da sala.

 

Sinopse: Historia televisada de Antón e Lola, que buscan a súa última oportunidade no amor. Xa están cerca dos 40 e buscan unha relación á que poder agarrarse coma un cravo ardendo antes de que pase o tren, pase o arroz e pase... o que teña que pasar.

 

[Img #44682]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress