Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 14 de febrero de 2018 | Leída 14 veces
Deputación da Coruña

A Orquestra de Cámara Galega estrea “Suite das Oito” no Teatro Colón

Suite das oito é un punto de encontro entre diferentes personalidades musicais: Quinito Mourelle, Roberto Somoza e Rogelio Groba, á fronte da Orquestra de Cámara Galega. A estrea absoluta terá lugar o 14 de febreiro ás 20:30 no Teatro Colón da Coruña…

[Img #44628]

 

Formada por oito pezas orixinais de Quinito Mourelle arranxadas para orquestra de cámara por Roberto Somoza, a suite aúna a sonoridade e a narrativa da música clásica cos valores da improvisación, aínda que verquidos en estruturas de maior envergadura que as do jazz ao uso.

 

Trátase dunha música debedora da herdanza sinfónica e camerística de todos os tempos e, en especial, do impresionismo e o romanticismo; unha música que persegue a beleza e a emancipación da imaxinación e o sentimento. Nas oito pezas réndese homenaxe a lugares e persoas, aos paxaros, aos valses, ao océano cambiante, á poesía…

 

Composición e piano a cargo de Quinito Mourelle con arranxos e clarinete de Roberto Somoza e Rogelio Groba como director concertino, o concertó supón a estrea absoluta do disco “Suite das oito”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress