Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 11 de febrero de 2018 | Leída 29 veces

O Concello repoboa con castiñeiros micorrizados unha das zonas verdes do ámbito do parque empresarial

Serán plantadas trescentas árbores nunha superficie de tres hectáreas. Apóstase pola recuperación deste ámbito de gran riqueza medioambiental. O ano pasado repoboárase a parcela contigua ao museo de Golmar con nogueiras e cerdeiras...

Desde que se fixo realidade o proxecto de urbanización do parque empresarial da Laracha, o Concello sempre mostrou o seu compromiso de desenvolver actuacións dirixidas a poñer en valor o seu entorno, que conta cunha destacada riqueza medioambiental.

 

Todos os anos, coincidindo co remate da primavera e o verán, as cuadrillas municipais realizan unha limpeza da ampla área boscosa situada na zona sur do ámbito industrial, contigua ao río Quenxe. Trátase dunha zona de protección ambiental que posúe unha densa vexetación arbórea autóctona (entre as especies máis visibles, freixos, abeneiros, bidueiros e castiñeiros, entre outras) e que o Concello da Laracha mantén en boas condicións de conservación para uso e disfrute da veciñanza.

 

Agora o goberno local de un paso máis promovendo unha nova actuación dirixida a poñer en valor outra das áreas verdes do entorno do parque empresarial. Neste caso, o ámbito de actuación alcanza unha superficie duns 30.000 metros cadrados (3 hectáreas). O proxecto, que xa se está a desenvolver, consiste no seu repoboamento coa plantación dunha cifra próxima os trescentos castiñeiros micorrizados, que ademais de ser unha árbore frondosa e autóctona que produce froito, tamén favorecerán o crecemento de setas, especialmente de varios tipos de boletus.

 

O Concello da Laracha prevé continuar levando a cabo actuacións destas características noutras espazos verdes de titularidade pública. En 2017 realizárase unha intervención nunha parcela de titularidade municipal de 5.000 metros cadrados de superficie situada contigua á do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress