Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 11 de febrero de 2018 | Leída 17 veces

O museo dos muíños de Golmar está aberto ao público de luns a venres en horario de mañá

O público pode visitalo de 11:00 a 15:00 horas. Mantense a posibilidade de concertar visitas de grupos en calquera outra data. A entrada gratuíta...

[Img #44611]

 

O Concello da Laracha lembra que o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar esta aberto de luns a venres (días laborables) en horario de 11:00 a 15:00 horas.

 

Ademais, ofrécese a posibilidade de concertar visitas guiadas para grupos en calquera día do ano concertando cita previamente no Concello da Laracha. En todos os casos a entrada é gratuíta.

 

O Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte está situado na antiga Casa Reitoral de Golmar, moi preto da igrexa parroquial de San Bieito e a carón da estrada A Laracha-A Silva (CP 2404). Na instalación faise un percorrido por medio de mapas, documentos, imaxes e pezas reais de muíños, a través do que os visitantes poderán coñecer como era o seu funcionamento, a súa importancia social e os diferentes tipos de muíños que existían na Costa da Morte. O exterior do museo dispón dunha ampla área de descanso dotada cun parque infantil, sendo un lugar ideal para acudir en familia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress