Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 10 de febrero de 2018 | Leída 19 veces

Pistacatro trae o “Outono” ás matinais do Teatro Colón

A Área de Cultura da Deputación programa un espectáculo de teatro-circo para toda a familia con música ao vivo…

[Img #44608]A compañía Pistacatro conmemora o seu décimo aniversario co espectáculo “Outono” que este domingo día 11 ás 12:00h  chega ao Teatro Colón dentro do programa das “Matinais” que a área de Cultura da Deputación da Coruña ofrece para público familiar.

 

O escenario do Teatro Colón acolle este domingo  “outono, un espectáculo de teatro-circo con música ao vivo que supón unha viaxe nostálxica ao pasado de catro artistas, unha celebración da amizade, dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas e tamén unha mirada ao antigo oficio de ser pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

 

O novo espectáculo de Pistacatro reúne boa parte das persoas fundadoras para levar a cabo o máis difícil aínda: facerse maior. A obra “Outono” é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións.

 

O ciclo das Matinais do Colón, ofrece un conxunto espectáculos dirixidos aos rapaces e rapazas ao fin de, segundo as palabras da vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, "contribuír a crear novos públicos para o teatro, un dos obxectivos principais que debe cumprir un centro como este".

 

A través da música, dos monicreques, das pezas de teatro e outras formas de expresión artística, sempre coa calidade por bandeira, o Teatro Colón ofrece mes a mes unha programación escénica e musical galega, dirixida a un público eminentemente familiar.

 

Así, ata o vindeiro mes de abril, as táboas do teatro herculino acollerán unha serie de actuacións expresamente deseñadas para o público infantil. Entre outros,  a obra teatral “Baleadas” da compañía trasPediante, o día 11 marzo, o espectáculo musical “A festa continúa” de Mamá Cabra o día 18 de marzo e, xa no mes de abril, a peza “O último dragón” de Sarabela Teatro.

 

Pistacatro é a única produtora en tamaño e proposta de espectáculos vencellada ás artes circenses no panorama das artes escénicas galegas. Representa a punta de lanza dun movemento artístico moito máis amplo, que popularizou os espectáculos de rúa en Galicia e, particularmente, en Santiago de Compostela.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress