Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 10 de febrero de 2018 | Leída 33 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña quere incorporar achegas de concellos representantes empresariais e sindicais os novos pregos de contratación

O deputado Xesús Soto promove un proceso participativo para a adaptación da nova lei de contratos…

[Img #44604]A área de Contratación da Deputación da Coruña está a manter reunión con representantes do sector empresarial e sindical ademais de se dirixir aos concellos para elaborar os novos pregos de contratación do organismo. O deputado Xesús Soto agarda aprobar os pregos, adaptados á nova lei, no vindeiro pleno do 23 de febreiro.

 

O deputado de Contratación e Patrimonio, Xesús Soto, está a desenvolver un programa de xuntanzas con representantes sindicais e do sector empresarial para pulsar a opinión de cara á elaboración dos novos pregos de contratación do organismo.

 

“A Deputación da Coruña abriu este proceso participativo para a conformación dos novos pregos, para coñecer a opinión tanto de representantes dos sectores máis implicados e onde máis inciden os procesos públicos de contratación ademais de abrir un período para que os concellos poidan facer as súas achegas de cara a unha mellor xestión”, sinala o deputado Xesús Soto.

 

Neste sentido, Xesús Soto está a manter as xuntanzas nun período en que agarda tamén que os concellos contribúan coas indicacións para unha máis axeitada redacción dos novos pregos de contratación que se axustarán á nova Lei de Contratos que entra en vigor o vindeiro 9 de marzo.

 

“A nova Lei incorpora novidades que van ter repercusión na Administración Local polo que desde a Deputación queremos pulsar a opinión e traballar conxuntamente”, explica Xesús Soto.

 

A Lei supón, como a Deputación lembrou aos concellos a través dunha carta do deputado responsábel da área, “unha profunda reforma dos procedementos de adxudicación dos contratos”.  Lembra tamén que se introducen cambios en canto aos criterios de adxudicación dos contratos, onde prima a relación calidade-prezo con criterios non só económicos senón tamén cualitativos.

 

“A nova lei obriga á redacción duns novos pregos tipo de cláusulas administrativas para os contratos de obras e queremos que para esta redacción é interesante dar participación aos concellos para que, no que estimen oportuno, formulen as suxestións que consideren de interese para os novos pregos”, explica Xesús Soto que conta con aprobar os novos pregos no pleno do vindeiro 23 de febreiro. 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress