Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 10 de febrero de 2018 | Leída 30 veces
a laracha

A aula lúdica municipal amplia o seu horario o luns e mércores de entroido

Funcionará tanto en horario de mañá como pola tarde. O Concello presta este servizo de axuda á conciliación a través do programa Harmoniza...

O Concello da Laracha reforzará durante os dous días laborables do Entroido o servizo gratuíto de axuda á conciliación da vida persoal e laboral que se ofrece a través do programa Harmoniza ás familias do municipio con nenos de entre tres e doce anos de idade ao seu cargo.

 

Coincidindo coas vacacións de Entroido nos centros de ensino, a aula lúdica municipal ampliará o horario tanto o luns como o mércores, estando aberta aos usuarios pola mañá (de 9:00 a 14:00 horas) e pola tarde (de 16:30 a 20:30 horas). O martes, festivo local no Concello da Laracha, estará pechada.

 

Para os próximos días o persoal especializado que está ao cargo da aula lúdica municipal ten deseñado un programa específico de Entroido con diversidade de actividades infantís e xogos adaptados ás idades dos usuarios.

 

Para ser beneficiarios do Programa Harmoniza é preciso reservar a praza previamente no Centro de Información ás Mulleres, situado no edificio de usos administrativos da Laracha, onde tamén se pode ampliar información ao respecto.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress