Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de febrero de 2018 | Leída 16 veces

A campaña de poda das árbores chega á avenida de Caión, no casco urbano da Laracha

Tras completarse estes labores desde a avenida Doctor López Astray ata a ponte dos Muíños (estrada CP-1913). Están a ser obxecto dos traballos un total de 250 árbores. Os plataneiros situados no casco urbano da Laracha están protexidos polo PXOM...

[Img #44594]Entre hoxe venres e o sábado está previsto que se conclúa a execución dos traballos de podas das 250 árbores situadas na marxe da estrada CP-1913 ao seu paso polo Concello da Laracha.

 

Despois de completarse as actuacións desde a Avenida Doutor López Astray ata a ponte dos Muíños, xa na parroquia de Coiro, os operarios centran o seu labor na Avenida de Caión, isto é, no tramo da CP-1913 que vai desde a Praza do Concello ata a estrada de Lendo.

 

Os traballos estanse desenvolvendo na época do ano propia da poda destas árbores, que son plataneiros (platanaceae) e que gran parte deles –os situados no casco urbano da Laracha-están protexidos polo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). As actuacións, que se desenvolven trala solicitude presentada polo Concello da Laracha á Deputación da Coruña, inclúense no marco do Plan de Conservación e Mantemento de Vías Públicas Provinciais e consisten no recorte, triturado e transporte das ramas.

 

Deste xeito, ademais de comprobar que as árbores se atopan en bo estado, mellórase a estética nos puntos de actuación e, especialmente nas urbanas, protexerase aos vehículos e aos viandantes de posibles desprendementos das polas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress