Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de febrero de 2018 | Leída 19 veces
cambre

Emalcsa limpia o filtro da tubaxe de abastecemento no Temple para minorar cos episodios de turbidez

O filtro da Ponte do Burgo estaba tupido e ao limpalo produce restos que estarán presentes na rede durante dous días na Barcala e no Temple…

Onte pola mañá  Emalcsa e  Augaservi, concesionaria do servizo de abastecemento municipal, procederon á limpeza do filtro  situado na Ponte do Burgo. Este retén partículas presente na auga e ao realizar o labor habitual de mantemento atopouse moi tupido polo que Emalcsa estuda a posibilidade de que evitar que estas partículas sigan presentes na rede. Mentres se procede á limpeza que comezou esta mañá os episodios de auga turbia manteranse polo menos dous días máis, polo que o Concello quere avisar aos veciños dos prexuízos inevitables que haberá entre onte e hoxe.

 

O alcalde de Cambre, Óscar Patiño, lamenta esta situación e pide comprensión aos afectados debido a que a limpeza deste filtro era urxente para evitar máis problemas na rede. “Sentimos os inconvenientes na rede de abastecemento pero é unha actuación que se tiña acometer urxentemente para mellorar a calidade da auga”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress