Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de febrero de 2018 | Leída 35 veces

A Policía Local cortou o tráfico na estrada o campo de Trixezo - A Ferreira por causa da neve

O autobús do IES Agra de Leborís que cubre a ruta de Montemaior non puido prestar o seu habitual servizo. Non se produciron incidencias nas rutas de transporte dos colexios...

[Img #44582]

 

A zona máis alta do interior do Concello da Laracha sufriu durante a pasada noite e a mañá de onte unha intensa nevarada que provocou certas incidencias na rede viaria municipal.

 

A Policía Local percorreu os puntos máis afectados e, por razóns de seguridade, a estrada local que comunica os lugares de O Campo de Trixezo (parroquia de Soandres) e A Ferreira (Montemaior) foi acordoada e cortada temporalmente ao tráfico rodado. A previsión é que poida ser aberta durante esta mesma tarde.

 

En canto ao transporte escolar, o autobús do IES Agra de Leborís que cubre a ruta de Montemaior non puido realizar o seu percorrido, polo que os seus usuarios non puideron dispoñer do servizo no día de onte. Non se rexistrou ningunha incidencia nas rutas de transporte escolar do CEIP Otero Pedrayo da Laracha, CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco nin CEIP de Caión.

 

[Img #44583]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress