Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de febrero de 2018 | Leída 9 veces

ButacaZero une este sábado no Colón a Galiza tradicional coa do século XXI en #Camiños

A Área de Cultura da Deputación programa unha peza de teatro que mostra a viaxe xeracional das fotos en sepia aos selfies...

[Img #44580]

 

A compañía ButacaZero unirá este sábado 10 de febreiro as nosas aldeas e as nosas cidades no Teatro Colón coa súa obra #Camiños. O espectáculo está promovido pola área de Cultura da Deputación da Coruña.

 

Baixo a dirección de Xavier Castiñeira, as actrices Pia Nicoletti, Celina Fernández, Noa Covelo, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas son as protagonistas dunha obra que nos mostra unha viaxe xeracional desde a perspectiva máis millenial na procura dunhas raíces “esquecidas?”.

 

Partindo da idea de que as aldeas se baleiran cada día, ButacaZero reflexiona sobre o que significa Galiza no século XXI, os nosos tópicos e a relación entre a imaxe estereotipada que se ten de nós desde fóra e a nosa realidade a tráves duhna peza de teatro moi físico, textual, divertido e sorprendente.

 

 #Camiños preséntanos a Celia, que viaxa cara aos EEUU e Daiana, neta dunha emigrada galega que volve de Arxentina, mentres comparten asento no aeroporto. Entre elas debúxanse miles e miles de #Camiños que unen as aldeas coas cidades, a música folk convive coa electrónica, as bicicletas de spinning coas letras de Castelao, Rosalía ou Manuel María e onde os selfies conviven cos sachos e as fotos viradas a sepia coas que acabamos de colgar en Instagram…. Un aluvión escénico que fará que os espectadores non poidan ficar indiferentes.

 

ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que propoñen un teatro que dialoga directamente co mundo actual: un teatro necesario. A investigación e a reflexión dende un ollar crítico e irónico son as claves que definen as súas propostas que se concretan en dramaturxias feitas á medida nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades que ofrece o audiovisual en escena.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress