Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de febrero de 2018 | Leída 16 veces
Deputación da Coruña

A Deputación ofrecerá formación e prácticas a 90 mozos da provincia nos sectores das novas tecnoloxías e o turismo

O Fondo Social Europeo vén de aprobar o proxecto PEL Emprego Xuvenil, que incluirá seis itinerarios con contidos como pilotaxe de drons, seguridade informática ou marketing turístico...

A Deputación da Coruña ofrecerá programas de formación e prácticas para 90 mozos e mozas da provincia nos sectores das novas tecnoloxías da información e o turismo.

 

O Fondo Social Europeo (FSE) vén de aprobar este proxecto, denominado PEL Emprego Xuvenil, dentro da súa convocatoria de axudas destinadas á integración sostible de persoas novas no mercado de traballo. A Deputación da Coruña recibiu 490.820 euros do FSE, que supoñen máis do 30% das axudas concedidas ás entidades locais da provincia, e unha cuarta parte dos fondos conseguidos para toda Galicia.

 

Esta axuda servirá para financiar algo máis da metade do orzamento total do proxecto, mentres que o resto, ata chegar a 868.695 euros, será aportado pola propia Deputación.

 

Formacións adaptadas ás demandas do mercado laboral

A Deputación desenvolve este proxecto dentro do seu Plan de Emprego Local (PEL), un plan estratéxico que recolle baixo un mesmo paraugas todos os recursos e actuacións destinados a fomentar a creación de emprego.

 

Esta acción en concreto, PEL Emprego Xuvenil, está destinada aos mozos e mozas dos concellos coruñeses de entre 16 e 30 anos, e consistirá en seis itinerarios que incluirán formación específica e prácticas profesionais en empresas da provincia.

 

Para a selección dos itinerarios que se ofertarán, a Deputación realizou un estudo do contexto socioeconómico nos concellos coruñeses de menos de 50.000 habitantes, no que se detectou que a maioría das ofertas de traballo diríxense a profesionais con capacitación nos sectores das novas tecnoloxías e a promoción turística, polo que este nicho de mercado sería o máis axeitado para asegurar a inserción laboral dos participantes.

 

Así mesmo, os contidos de cada itinerario responden ás competencias máis demandas e necesarias para acceder a postos de traballo de calidade, e contribuír ao mesmo tempo ao desenvolvemento dos concellos.

 

Tres dos itinerarios formativos estarán centrados no eido da informática e as novas tecnoloxías, coas especialidades de sistemas de xestión de información, seguridade informática e administración de bases de datos. Complementariamente, nestes itinerarios inclúese tamén un curso de 70 horas sobre manexo de aeronaves pilotadas en remoto ou drons e outro sobre redes sociais.

 

Por outra banda, na área do turismo ofreceranse tres itinerarios especializados en creación e xestión de viaxes e eventos, venta de produtos e servizos turísticos e promoción turística local e información ao visitante. Neste caso, os participantes recibirán tamén un curso de 50 horas sobre marketing aplicado ao turismo e realizarán un obradoiro de emprendemento cooperativo, que consistirá na creación de iniciativas que promovan destinos turísticos intelixentes.

 

En todos os itinerarios incluiranse formacións transversais como 150 horas de inglés, sesións de sensibilización na igualdade de oportunidades e un servizo de titorización e orientación laboral.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress