Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 7 de febrero de 2018 | Leída 15 veces

O Concello apoia a carta de accesibilidade e o plan de acción para promover o turismo inclusivo

Impulsados por Turismo de Galicia e COGAMI. Os documentos son o resultado das mesas de traballo nas que participaron as administracións públicas, o sector privado e as entidades que representan ás persoas con diversidade funcional. O turismo é un importante motor económico para o Concello da Laracha...

O Concello da Laracha mostra o seu apoio a Turismo de Galicia e á Conferación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) na promoción do turismo inclusivo secundando tanto a Carta de Accesibilidade como o Plan de Acción impulsados por ambas institucións no marco do proxecto europeo “SABER Universal”.

 

A iniciativa céntrase en fomentar o turismo que garanta a igualdade de oportunidades e a accesibilidade universal, especialmente nos camiños europeos de peregrinación. O punto de partida foi recoñecer os problemas e os condicionantes aos que se enfronta o colectivo das persoas con diversidade funcional, recollidos nunha carta de manifestacións relativas á necesidade da mellora da oferta turística. A partir deles deseñouse o Plan de Acción que é preciso desenvolver para alcanzar os obxectivos previstos.

 

O contido da Carta de Accesibilidade e do Plan de Acción é o resultado das catro mesas de traballo desenvolvidas na Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo nas que se involucraron as administracións públicas, o sector privado e as entidades que representan ás persoas con diversidade funcional.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, expresou formalmente a conformidade cos dous documentos considerando que os obxectivos que se propoñen coinciden coas pretensións do Concello da Laracha nun sector como o turístico que conforma un importante motor económico para o municipio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress