Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de febrero de 2018 | Leída 16 veces

A Xunta chama a extremar a precaución nas estradas ante a baixada de temperaturas

As estradas que permanecen pechadas ao tráfico pesado son a LU-530, na Baqueriza, na Fontaneira e no Cerredo; a LU-701, entre os p.q. 0 e 6 e no Acebo; e a LU-633, nos portos do Cebreiro, San Roque e Poio. Recoméndase circular con precaución nas estradas LU-637, no Alto Viduedo, e na LU-723, no Alto do Portelo...

[Img #44568]

 

A Xunta de Galicia fai un chamamento á prudencia na circulación ante as baixas temperaturas que se están a rexistrar estes días na comunidade.

 

Nas últimas horas, co obxectivo de garantir a seguridade nas estradas, estiveron traballando 12 equipos quitaneves e distribuíronse un total de 70 toneladas de sal e 25.000 litros de salmoira.

 

No que se refire á rede viaria autonómica, permanecen pechadas ao tráfico pesado as seguintes estradas: a LU-530, na Baqueriza, na Fontaneira e no Cerredo; a LU-701, entre os Pq. 0 e 6 e no Acebo; e a LU-633, nos portos do Cebreiro, San Roque e Poio.

 

Recoméndase circular con precaución nas estradas LU-637, no Alto Viduedo, e na LU-723, no Alto do Portelo.

 

Plan de Vialidade Invernal

O Goberno galego mantén activo o Plan de Vialidade Invernal, dende o 1 de novembro de 2017 ata o 30 de abril de 2018, co fin de blindar as condicións de seguridade viaria nos aproximadamente 5.550 km de estradas de titularidade autonómica.

 

Este plan implica a posta a disposición de diferentes medios en cada provincia que suman un total de 26 centros operativos, 27 acopios e 26 silos de fundentes, 12 plantas de salmoira, 73 máquinas con 109 accesorios e 468 profesionais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress