Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de febrero de 2018 | Leída 12 veces
Deputación da Coruña

Cen nenos das comarcas da Coruña e Bergantiños inauguran a Campaña de Esquí 2018 da Deputación

Nenos e nenas de Arteixo, Cabana, Cambre, Carballo, Carral, Coristanco, Culleredo, Laxe, Laracha, Malpica, Mazaricos, Oleiros, Ponteceso e Santa Comba inícianse en Cabeza de Manzaneda na práctica do esquí…

[Img #44565]

 

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Arteixo, Cabana, Cambre, Carballo, Carral, Coristanco, Culleredo, Laxe, Laracha, Malpica, Mazaricos, Oleiros, Ponteceso e Santa Comba participaron en Cabeza de Manzaneda (Ourense) na primeira expedición á neve da Campaña de Esquí 2018, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

 

Durante esta fin de semana, os escolares destes concellos coruñeses tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

 

500 nenos da provincia aprenden a esquiar coa Deputación

O deputado responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, José García Liñares, subliñou a “gran aceptación” coa que conta cada ano este programa, que ata mediados de marzo achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses. 

 

“O obxectivo é promocionar a práctica do deporte e, ao mesmo tempo, fomentar a convivencia entre os rapaces”, sinalou García Liñares, que lembrou que a próxima expedición partirá o 16 de febreiro con 100 rapaces das comarcas de Ferrolterra e Ortegal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress