Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de febrero de 2018 | Leída 18 veces
Deputación da Coruña

González Formoso destaca a gran actividade docente e social da Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais

O presidente da Deputación recibiu onte ao novo presidente da Fundación, Carlos Domenech. A institución provincial, como principal patrono do centro, estuda a mellora das instalacións e busca potenciar a súa actividade...

[Img #44560]

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu onte pola mañá no seu despacho da institución provincial ao seu homólogo da Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, Carlos Domenech de Aspe, que vén de ser elixido para o cargo.

 

Domenech, acompañado do director do centro, Jesús Vázquez Forne, e do profesor Felipe Martínez, agradeceron “o apoio e colaboración” que a Deputación da Coruña, como principal patrono da Fundación, brindou sempre ao centro e explicaron algúns dos proxectos que teñen en marcha, ademáis da súa actividade docente, da que se benefician durante este curso académico 350 alumnos e alumnas, nas modalidades de grao e máster.

 

Así, a nova directiva da Fundación explicou que se puxeron en marcha novos servizos e actividades como como a creación dun punto PAE de atención ao emprendedor, que a entidade está orientando a empresas de ámbito social, ou a recente acreditación da Escola como único centro Cervantes existente na Coruña para a realización dos exames oficiais das persoas estranxeiras que desexen obter a nacionalidade española.

 

González Formoso destacou a gran actividade que desenvolve o centro tanto no ámbito docente como no apartado social e comprometeuse a estudar un novo proxecto para a creación dunha oficina sociolaboral, así como a realización de determinadas melloras no inmoble que a escola universitaria ocupa na rúa Leopoldo Alas Clarín da Coruña, e que foi cedido pola institución provincial.

 

O presidente mostrouse interesado polos plans de futuro da Escola de Relacións Laborais da Coruña, expresando a súa disposición para colaborar na mellora das instalacións e o benestar dos seus alumnos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress